Saltar ao contido
Caso · Servidores e seguridade

A túa web e o teu correo, vixiados. E se algo falla, entérome eu primeiro.

A historia dun cambio de casa: webs e correo que saen dun aloxamento compartido a un servidor propio, sen que o cliente teña que tocar nada, e un sistema de vixilancia que avisa de todo.

A historia

Unha mudanza de servidor que ninguén notou

O reto

As webs e o correo vivían nun hosting compartido (un servidor que se reparte entre moitos clientes descoñecidos). Tocaba mudarse a un servidor propio sen cortar o correo nin obrigar a ninguén a reconfigurar o móbil ou o ordenador.

O que fixemos

  • A mudanza de webs e correo a servidor propio, cos mesmos contrasinais: o cliente non tivo que tocar o seu correo.
  • As DNS (a axenda que lle di a internet onde está cada web e cada caixa de correo) pasaron a Cloudflare.
  • Bloqueo automático de ataques, con aviso por Telegram que distingue un acceso sospeitoso do propio cliente, desde España, dun ataque desde o estranxeiro.
  • Copias cada noite a un almacenamento na casa, con instantáneas diarias gardadas 14 días: pódese volver a calquera día das dúas últimas semanas.
  • 23 webs vixiadas desde fóra, como as vería calquera visitante.
  • Os formularios das webs próbanse de punta a punta cada mañá, con aviso se algún falla.
  • Un vixiante que avisa cando outro vixiante deixa de funcionar.

Maqueta con datos de exemplo.

Maqueta con datos de exemplo.

O resultado

Sen cambioso cliente non tivo que cambiar nada no seu correo: mesmos contrasinais, mesma caixa de correo.
23webs vixiadas desde fóra, día e noite.
14días de instantáneas: pódese recuperar calquera día das dúas últimas semanas.
Cada mañáos formularios próbanse sós, de principio a fin.
O que aprendín

Vixiar non serve se ninguén se entera: por iso todo avisa.

Un vixiante que falla en silencio é peor que non telo, porque dá unha tranquilidade falsa. Por iso cada peza avisa cando algo vai mal, e hai outro vixiante pendente dos vixiantes.

Pásache algo parecido?

Se non sabes onde vive a túa web, quen fai as copias ou que pasaría se mañá deixase de funcionar, cóntamo. Revisámolo xuntos.