Política de privacidade
Última actualización: 28 de setembro de 2026
Esta política explica como se tratan os datos persoais que chegan a través de unmedia.es, conforme ao Regulamento (UE) 2016/679 (RGPD) e á Lei Orgánica 3/2018 de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD).
Responsable do tratamento
- Responsable
- Miguel A. Taboada Míguez (unmedia)
- NIF
- 36092129T
- Enderezo
- Vigo (Pontevedra), España
- Contacto
- hola@unmedia.es
Que datos se recollen
Só os que escribes no formulario de contacto: nome, correo electrónico e o contido da mensaxe, ademais da data de envío. Se escribes directamente a hola@unmedia.es, trátanse os datos que inclúas no teu correo. Esta web non usa ferramentas de analítica nin de publicidade.
Para que se usan
Para responder á túa mensaxe e, se o pides, preparar un orzamento. Non se usan para enviarche publicidade nin boletíns, e non se toman decisións automatizadas nin se elaboran perfís.
Base legal
O teu consentimento, que dás ao marcar a caixa do formulario ou ao escribir por iniciativa propia. Podes retiralo en calquera momento escribindo a hola@unmedia.es, sen que iso afecte ao tratado antes.
Canto tempo se conservan
O tempo necesario para atender a túa consulta e, como máximo, un ano desde o último contacto. Se a conversa remata nun encargo, os datos pasan a rexerse pola relación profesional e polos prazos que marque a lei, por exemplo en materia fiscal.
A quen se comunican
Non se ceden datos a terceiros, agás obriga legal. Para que a web e o correo funcionen, os datos gárdanse nos servidores dun provedor de aloxamento, que actúa como encargado do tratamento cun contrato que o obriga a protexelos. Os servidores están na Unión Europea, así que non hai transferencias internacionais.
Os teus dereitos
Podes pedir o acceso aos teus datos, a súa rectificación ou supresión, a limitación ou oposición ao seu tratamento e a súa portabilidade escribindo a hola@unmedia.es. Responderáseche no prazo máximo dun mes.
Se cres que non se respectaron os teus dereitos, podes presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es).
Seguridade
A web funciona sempre con conexión cifrada (HTTPS) e o acceso ás mensaxes está restrinxido ao responsable.