Saltar ao contido
Caso · Monte e rural

O monte, nun mapa que cabe no peto.

Dúas historias de quen traballa a terra en Galicia: unha enxeñaría forestal que xestiona os seus montes desde unha soa plataforma e unha comunidade de montes veciñais coa súa propia app.

Historia 1

Unha enxeñaría forestal galega

O reto

Parcelas, traballos, fotos de campo e provedores, cada cousa nun sitio distinto e sen conectar entre si. Na oficina ninguén vía dunha ollada o que pasaba no monte, e no monte non había xeito cómodo de apuntalo.

O que fixemos

  • Unha plataforma web para xestionar os montes sobre mapas, con capas SIX (os planos dixitais de parcelas, camiños ou zonas que usan os técnicos).
  • Importa os formatos de mapa habituais: Shapefile, KML e GeoJSON.
  • Un mapa de campo no móbil: fotos coa súa localización exacta, tiradas alí mesmo.
  • A superficie de cada parcela, calculada soa.
  • A capa oficial de pragas enriba do mapa, para ver que zonas están afectadas.
  • Xestión de provedores e de usuarios, cada un cos seus permisos.
  • Cumprimento do RXPD (a lei de protección de datos) e copias de seguranza que se proban restaurándoas de verdade.
  • Unha revisión cada semana co cliente e unha inspección automática cada día que percorre a plataforma buscando fallos.

Maqueta con datos de exemplo.

O resultado

Un só sitioMapas, parcelas, fotos, provedores e usuarios xuntos, na oficina e no monte.
Cada semanaUnha revisión co cliente: o que pide apúntase, faise e compróbase.
Cada díaUnha inspección automática percorre a plataforma e avisa se algo falla.
Historia 2

Unha comunidade de montes veciñais

O reto

Unha comunidade de montes (o monte que pertence aos veciños dunha zona e que xestionan entre todos) precisaba levar ao día o gando que pace nel e, ademais, contarlles aos máis novos que é e por que importa.

O que fixemos

  • Unha app para a comunidade, pensada para usarse sen complicacións.
  • Un censo de gando que le o rexistro oficial de explotacións e recoñece só a especie de cada animal.
  • Un vídeo documental para os colexios da zona que lles explica o monte veciñal aos nenos.

Maqueta con datos de exemplo.

O resultado

Cada animal, no seu sitioO censo distingue a especie a partir do rexistro oficial, sen ter que clasificalo a man.
O monte, na aulaUn documental para que os colexios da zona coñezan o monte que é de todos.

Pásache algo parecido?

Se traballas no monte, no campo ou no rural e os papeis che comen o tempo, cóntamo. Vémolo xuntos, sen présas e sen xerga.