A túa web e o teu correo, vixiados. E se algo falla, entérome eu primeiro.
A historia dun cambio de casa: webs e correo que saen dun aloxamento compartido a un servidor propio, sen que o cliente teña que tocar nada, e un sistema de vixilancia que avisa de todo.
Unha mudanza de servidor que ninguén notou
O reto
As webs e o correo vivían nun hosting compartido (un servidor que se reparte entre moitos clientes descoñecidos). Tocaba mudarse a un servidor propio sen cortar o correo nin obrigar a ninguén a reconfigurar o móbil ou o ordenador.
O que fixemos
- A mudanza de webs e correo a servidor propio, cos mesmos contrasinais: o cliente non tivo que tocar o seu correo.
- As DNS (a axenda que lle di a internet onde está cada web e cada caixa de correo) pasaron a Cloudflare.
- Bloqueo automático de ataques, con aviso por Telegram que distingue un acceso sospeitoso do propio cliente, desde España, dun ataque desde o estranxeiro.
- Copias cada noite a un almacenamento na casa, con instantáneas diarias gardadas 14 días: pódese volver a calquera día das dúas últimas semanas.
- 23 webs vixiadas desde fóra, como as vería calquera visitante.
- Os formularios das webs próbanse de punta a punta cada mañá, con aviso se algún falla.
- Un vixiante que avisa cando outro vixiante deixa de funcionar.
Tres contrasinais mal no correo. Será o propio cliente? Bloqueado polo momento.
Intentos repetidos desde fóra. Bloqueado sen máis.
Rematada. Instantánea gardada.
Probados esta mañá: chegan todos.
Maqueta con datos de exemplo.
Webs vixiadas 23 en marcha
Maqueta con datos de exemplo.
O resultado
Vixiar non serve se ninguén se entera: por iso todo avisa.
Un vixiante que falla en silencio é peor que non telo, porque dá unha tranquilidade falsa. Por iso cada peza avisa cando algo vai mal, e hai outro vixiante pendente dos vixiantes.
Pásache algo parecido?
Se non sabes onde vive a túa web, quen fai as copias ou que pasaría se mañá deixase de funcionar, cóntamo. Revisámolo xuntos.