Tes unha clínica?
Citas en liña con recordatorio por SMS ou WhatsApp e a ficha de cada paciente, gardada con seguridade. Menos ocos baleiros na axenda e menos tempo ao teléfono.
- Web
- App
- Coidado
Webs, apps á medida e IA para empresas, profesionais e proxectos con ideas. Desde Vigo.
Catro cousas, ben feitas. Sen paquetes inchados nin palabras raras.
Levo moito tempo construíndo Faro, a miña propia ferramenta de análise SEO, e hoxe é clave en unmedia: con ela vexo que busca a xente, quen che gaña e se ChatGPT, Claude ou Perplexity te nomean.
Cafetaría de exemplo · Vigo · semana 41
A túa web, as túas apps, a IA e o coidado do servidor funcionan como un só sistema. E ao mando, unha persoa: eu.
Estou preparando os casos, contados sen nomes. Mentres tanto, mira que poderiamos facer para o teu negocio.
Oito exemplos do que podemos facer xuntos. Non son clientes nin resultados reais: son situacións habituais e o que se lles podería montar.
Citas en liña con recordatorio por SMS ou WhatsApp e a ficha de cada paciente, gardada con seguridade. Menos ocos baleiros na axenda e menos tempo ao teléfono.
Carta dixital con QR en galego, castelán e inglés, reservas en liña e aviso ao cliente cando a súa mesa queda libre. Menos chamadas no medio do servizo.
Reservas directas sen comisións de portais, visitas con cita e tenda de viño en liña. O cliente é teu desde o primeiro clic.
Matrículas e pagamentos en liña, horarios sempre ao día e unha área do alumnado con materiais e avisos. Menos papeis ao comezar o curso.
Orzamentos en poucos minutos, aviso ao cliente cando o traballo está listo e fichaxe da xornada desde o móbil. Todo nun sitio, sen cadernos.
Unha área privada onde cada cliente atopa os seus documentos e un asistente de IA que resume e clasifica as consultas que entran. Máis tempo para o traballo que importa.
Censo de socios, mapas das parcelas e avisos a todos os socios dunha vez. A información de todos, ordenada e á man.
Tenda en liña conectada co stock da tenda física, e presenza en Google Maps e en ChatGPT. Que te atopen tamén os que aínda non pasan pola porta.
Non ves o teu negocio? Cóntamo e pensámolo xuntos.
Escolle canto queres delegar. Podes cambiar de paquete cando o necesites.
A túa web, viva e segura.
desde
35 €/mes
ou 350 €/ano (2 meses de balde)
A túa web funciona, atópase e móvese.
desde
75 €/mes
O teu departamento dixital.
desde
150 €/mes
As túas redes, ao día e con constancia.
Mínimo 3 meses: os resultados nas redes chegan a partir do terceiro. As contas e os accesos quedan sempre a nome do teu negocio.
Webs novas, apps e proxectos á medida: orzamento pechado, sen sorpresas.
Cóntame o teu proxectoPrezos sen IVE.
Cóntasme que fas e que te frea. Sen présas e sen xerga.
Propóñoche unha solución concreta, con prazo e prezo pechados.
Fágoa por partes e vela avanzar. Ti decides en cada paso.
Cando está en marcha, sigo aí: vixíoa, mellóroa e aviso.
Si. Traballo desde Vigo con clientes de toda España e tamén de Londres e de Los Ángeles, en remoto: videochamada, correo e WhatsApp. Se estás preto, tamén podemos vernos en persoa.
Cada vez máis xente lle pregunta a ChatGPT, Claude, Perplexity ou á IA de Google en vez de buscar nunha lista de ligazóns. Aparecer aí significa que, cando alguén pregunta polo que fas, a resposta menciónate e liga á túa web. Trabállase con contido claro, datos estruturados e unha web tecnicamente limpa.
Non fai falta comezar de cero. Reviso o que tes, dígoche que funciona e que non, e decidimos xuntos se convén mellorala, coidala cun paquete mensual ou refacela.
Unha web dunha soa páxina parte de 600 €, e unha web de empresa de ata seis páxinas, de 1.400 €, co primeiro ano de coidado incluído. As apps e automatizacións parten de 400 € e fanse por fases. Sempre con orzamento pechado antes de comezar. Prezos sen IVE.
Si, aínda que sexa algo puntual. Se non tes un paquete mensual, cóbrase por tempo, a 40 € a hora sen IVE, e dígoche antes canto vai levar. Co paquete Coidado, os cambios pequenos entran na media hora ao mes que inclúe.
Si. Coidado, Presenza e Dirección non teñen permanencia: abonda con avisarme cun mes de antelación. A web, o dominio e os accesos son teus, e déixochos en orde para que sigas con quen queiras. Só Redes sociais ten un mínimo de 3 meses.
Depende do alcance: unha web sinxela pode estar lista nunhas semanas, e un proxecto máis grande, nuns meses. Na primeira conversa dóuche un prazo concreto, antes de comezar.
Cóntame que necesitas. Contéstoche eu, sen compromiso e sen letra pequena.