Política de privacidade
Última actualización: 28 de setembro de 2026
Esta política explica como se tratan os datos persoais que chegan a través de unmedia.es, conforme ao Regulamento (UE) 2016/679 (RGPD) e á Lei Orgánica 3/2018 de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD).
Responsable do tratamento
- Responsable
- Miguel A. Taboada Míguez (unmedia)
- NIF
- 36092129T
- Enderezo
- Rúa Mestre Chané, 6, 36206 Vigo (Pontevedra), España
- Contacto
- hola@unmedia.es
Que datos se recollen
Só os que escribes nos formularios desta web, ademais da data de envío:
- Contacto: nome, correo electrónico e a mensaxe.
- Pedir orzamento: nome, correo, teléfono e empresa (opcionais), o tipo de traballo, a túa web actual, o obxectivo, o prazo, o orzamento orientativo, o paquete que che interesa e como me coñeciches.
- Ficha de proxecto (só para clientes, por ligazón directa): os datos de contacto, a información do teu negocio e do proxecto e os arquivos que decidas subir (fotos, logotipo ou documentos).
- Alta de cliente (só para clientes, por ligazón directa): nome ou razón social, NIF ou CIF, enderezo, correo para as facturas, persoa de contacto, servizo contratado, forma de pago preferida e quen xestiona o teu dominio e o teu aloxamento. Nunca se piden contrasinais.
- Opinións (só para clientes, por ligazón persoal): a puntuación, o comentario, o nome que queres que se amose, o cargo ou negocio (opcional) e, se a pos, unha foto. Se usas «Continuar con Google», Google envía o teu nome e a túa foto de perfil; o correo da conta non se garda.
Se escribes directamente a hola@unmedia.es, trátanse os datos que inclúas no teu correo. Esta web non usa ferramentas de analítica nin de publicidade.
Para que se usan
- Para responder á túa mensaxe.
- Para preparar o orzamento que pides.
- Para arrancar e facer o proxecto que encargaches.
- Para prestar o servizo contratado e facturalo.
- Para publicar en unmedia.es, despois de revisala, a opinión que deixaches.
Non se usan para enviarche publicidade nin boletíns, e non se toman decisións automatizadas nin se elaboran perfís.
Base legal
Para responder a unha mensaxe ou preparar un orzamento, o teu consentimento, que dás ao marcar a caixa do formulario ou ao escribir por iniciativa propia, e a aplicación de medidas precontractuais que ti mesmo pides. Para facer o proxecto e prestar o servizo, a execución do contrato. Para facturar e gardar as facturas, o cumprimento dunha obriga legal. Podes retirar o consentimento en calquera momento escribindo a hola@unmedia.es, sen que iso afecte ao tratado antes. Para publicar a túa opinión, o teu consentimento, que dás ao marcar a caixa do formulario de opinións.
Canto tempo se conservan
- Mensaxes e peticións de orzamento: o tempo necesario para atendelas e, como máximo, un ano desde o último contacto.
- Ficha de proxecto e arquivos: mentres dure o proxecto e o servizo; ao rematar, bórranse os que xa non fagan falta.
- Datos de facturación: o tempo que marca a lei (en materia fiscal e mercantil, en xeral seis anos).
- Opinións: mentres sigan publicadas; se pides retirala, bórrase coa súa foto.
A quen se comunican
Non se ceden datos a terceiros, agás obriga legal. Para que a web e o correo funcionen, os datos gárdanse nos servidores dun provedor de aloxamento, que actúa como encargado do tratamento cun contrato que o obriga a protexelos. Os servidores están na Unión Europea, así que, agás o que se explica a continuación para as respostas de voz, non hai transferencias internacionais. Se usas «Continuar con Google» no formulario de opinións, Google (Google Ireland Limited) comprobará a túa identidade segundo a súa propia política de privacidade; unmedia só recibe o teu nome e a túa foto de perfil, e garda a foto no seu propio servidor.
Respostas de voz do cuestionario de marca. Se nese cuestionario contestas gravando a túa voz, o audio envíase a OpenAI para pasalo a texto. OpenAI actúa como encargado do tratamento coa única finalidade de transcribir esas respostas de voz. Supón unha transferencia internacional de datos a Estados Unidos, amparada polas garantías do acordo de tratamento de datos (DPA) de OpenAI. Por defecto, OpenAI non usa os datos enviados a través da súa API para adestrar os seus modelos. Se prefires que a túa voz non saia de unmedia, escribe as respostas en vez de gravalas.
Os teus dereitos
Podes pedir o acceso aos teus datos, a súa rectificación ou supresión, a limitación ou oposición ao seu tratamento e a súa portabilidade escribindo a hola@unmedia.es. Responderáseche no prazo máximo dun mes.
Se cres que non se respectaron os teus dereitos, podes presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es).
Seguridade
A web funciona sempre con conexión cifrada (HTTPS) e o acceso ás mensaxes está restrinxido ao responsable. O enviado polos formularios gárdase nunha carpeta privada do servidor, fóra da parte pública da web, e os datos de facturación non se envían por correo.