Saltar ao contido
Mantemento web

Coidado da túa web. Viva, segura e vixiada.

Encárgome de que a túa web funcione cada día: servidor, actualizacións, copias e vixilancia. Se algo falla, chégame un aviso ao momento, moitas veces antes de que ti o notes.

Falemos

Que inclúe

Todo o que non ves, para que a túa web non che dea sustos.

Servidor propio

A túa web nun servidor que administro eu, co certificado SSL (o cadeado do https), o dominio e o correo en regra.

Actualizacións

Sistema, xestor de contidos e complementos ao día, para pechar portas antes de que alguén tente usalas.

Copias diarias

Unha copia cada día, gardada 14 días nun almacenamento separado do servidor. Se algo se estraga, vólvese atrás.

Vixilancia externa

Un servizo de fóra comproba sen parar que a túa web responde; hoxe vixía 23 webs. Se unha cae, chega un aviso ao instante por Telegram.

Bloqueo de ataques

Quen tenta entrar probando contrasinais queda bloqueado de xeito automático, e cada bloqueo importante tamén avisa.

Formularios comprobados

Cada mañá envíase unha proba por cada formulario e compróbase de punta a punta que a mensaxe chega de verdade.

Para quen

Para quen non quere pensar en servidores.

Música e cultura

  • Artistas cunha web tranquila entre disco e disco, pero que non pode caer.
  • Escolas cun formulario de inscrición que non pode fallar ao comezar o curso.
  • Produtoras con varias webs, dominios e caixas de correo que coidar.
  • Quen ten a web nun aloxamento que xa non o convence e quere cambiar sen complicacións.

Pemes e rural

  • Comercios que dependen da súa web e do seu correo para traballar.
  • Entidades con webs antigas que ninguén actualiza desde hai anos.
  • Negocios que queren cambiar de provedor sen quedar sen correo nin un día.
  • Empresas que prefiren unha persoa á que chamar antes ca unha incidencia de soporte.
Así se ve

Vixiado de día e de noite.

Un exemplo inventado: o estado das túas webs, a copia e a proba do formulario de hoxe, e os avisos que me chegan ao móbil cando algo pasa.

Preguntas frecuentes

O que adoitan preguntarme sobre o mantemento.

  • Que inclúe o mantemento dunha web?

    Inclúe ter a web nun servidor coidado, actualizala, facer copias diarias, vixiar que non caia, bloquear ataques e renovar o dominio e o certificado SSL. No paquete Coidado tamén hai media hora ao mes para cambios pequenos, como textos, fotos ou datas.

  • Que pasa se a miña web cae?

    Chégame un aviso ao instante por Telegram, porque un servizo externo comproba cada poucos minutos que a túa web responde. Miro que pasou e, se fai falta, recupero unha copia: faise unha cada día e gárdase 14 días nun almacenamento á parte.

  • Podo cambiar a miña web e o meu correo de provedor sen cortes?

    Si. Preparo todo no servidor novo, copio webs e caixas de correo, comprobo que funcionan e só entón cambio os DNS, que son as indicacións que lle din a internet onde está a túa web. Ti segues traballando e non perdes correos.

  • Canto custa o mantemento web?

    O paquete Coidado custa desde 35 € ao mes sen IVE e inclúe servidor, actualizacións, copias, vixilancia e seguridade. Se ademais queres SEO continuo e aparecer nas respostas da IA, o paquete Presenza comeza en 75 € ao mes sen IVE.

Paquete relacionado

Coidado

A túa web, viva e segura. Servidor propio ou supervisión do teu aloxamento, actualizacións, copias verificadas, vixilancia de caídas e de intrusións, dominio e certificado ao día, e media hora ao mes para cambios pequenos.

Desde
35 €/mes sen IVE

Ver todos os paquetes

Falámolo?

Cóntame onde está hoxe a túa web e que che preocupa. Dígoche como a coidaría, sen compromiso, e respóndoche eu.

Pedir orzamento Falemos