Saltar ao contido
Apps á medida

Apps á medida para o traballo de cada día.

Ferramentas web feitas para a túa forma de traballar, que se abren no móbil coma unha app, sen instalar nada. Do despacho ao monte, cos teus datos a salvo e en servidores propios.

Falemos

Que inclúe

O que hoxe fas con papeis e follas de cálculo, nunha app.

Mapas e capas SIX

As túas parcelas e montes no mapa. Importo capas SIX, que son os arquivos de mapas (Shapefile, KML ou GeoJSON), e consúltalas no móbil sobre o terreo.

Fichaxe da xornada

Entrada e saída desde o móbil, como pide a lei, co rexistro listo para amosalo cando faga falta.

Censos e rexistros

Gando, parcelas, socios ou inventario: fichas ordenadas con fotos e datas, en vez de follas de cálculo soltas.

Avisos por SMS

Mensaxes automáticas aos teus clientes: unha cita, un pedido listo, un recordatorio. Curtas e no momento xusto.

Reservas e redes

Paneis para xestionar reservas, pedidos ou encargos, e publicadores que preparan e programan as túas publicacións en redes sociais.

Datos a salvo

Cumpren o RGPD, a lei europea de protección de datos, fan copias automáticas e funcionan en servidores propios, non en plataformas alleas.

Para quen

Para equipos que traballan na rúa, na aula ou no monte.

Música e cultura

  • Escolas que xestionan alumnado, grupos e listas de espera nun só sitio.
  • Produtoras que organizan gravacións, reservas de estudio e lanzamentos.
  • Artistas que preparan e programan as súas redes desde un único panel.
  • Unha listaxe privada con todas as mensaxes dos teus formularios, con busca e exportación.

Pemes e rural

  • Empresas forestais que traballan con mapas de parcelas no propio monte.
  • Comunidades de montes que levan o censo de gando e os seus rexistros.
  • Comercios que avisan os seus clientes por SMS sen facelo a man.
  • Bares, obradoiros e pequenas empresas con reservas, pedidos ou fichaxe desde o móbil.
Así se ve

O teu monte, no peto.

Un exemplo inventado: o mapa de parcelas coas súas capas, e a ficha da parcela que estás a pisar, coa foto e a nota que acabas de engadir.

Preguntas frecuentes

O que adoitan preguntarme sobre apps.

  • Que é unha app web á medida?

    É un programa feito só para o teu negocio que se usa desde o navegador do móbil ou do ordenador, sen instalar nada desde unha tenda de aplicacións. Pódese engadir á pantalla de inicio e vese como calquera outra app. Ao ser web, cando mellora, mellora para todos á vez.

  • Podo usar os meus mapas de QGIS na app?

    Si. A app importa capas en Shapefile, KML ou GeoJSON, os formatos que exportan QGIS e a maioría de programas de mapas, e móstraas sobre o mapa xunto cos teus propios datos.

  • Onde se gardan os datos e quen os ve?

    Os datos gárdanse en servidores propios que administro eu, non en plataformas de terceiros. Cada persoa entra co seu usuario e só ve o que lle toca, hai copias automáticas e a app cumpre o RGPD.

  • Como comezamos a construír a miña app?

    Primeiro escóitote: que fas e que che fai perder tempo. Propóñoche o mínimo que resolve o problema e construímolo por fases, para que vexas resultados axiña.

  • Canto custa unha app á medida?

    Depende do que teña que facer: como referencia, unha automatización sinxela parte de 400 €, e unha app de avisos por SMS para socios ou alumnos, de 720 €. Primeiro escóitote, despois propóñoche o mínimo que resolve o teu problema e construímolo por fases, cada unha co seu prezo pechado antes de comezar. Unha vez en marcha, o seu aloxamento e coidado van nun paquete mensual desde 35 €. Prezos sen IVE.

Máis: Apps á medida en Vigo: cando compensan e canto custan

A túa empresa está en Vigo ou na comarca? Mira as apps á medida en Vigo, con prezos de referencia.

Paquete relacionado

Coidado

A túa app, viva e segura. Aloxamento en servidor propio, actualizacións, copias verificadas, vixilancia de caídas e de intentos de intrusión, dominio e certificado ao día, e media hora ao mes para cambios pequenos. A construción da app orzaméntase á parte.

Desde
35 €/mes sen IVE
Contratar ou ao ano: 423,50 € con IVE

42,35 €/mes con IVE. Cancélase cando queiras.

Ver todos os paquetes

Falámolo?

Cóntame que tarefa che rouba máis tempo cada semana. Moitas veces abonda cunha ferramenta pequena para quitala de enriba.

Pedir orzamento Falemos