IA útil. Sen fume.
Aplico a intelixencia artificial onde de verdade aforra tempo: ordenar mensaxes, traducir, preparar informes. A IA como ferramenta; as decisións, dunha persoa.
Traballo repetitivo fóra. Criterio humano dentro.
Mensaxes ordenadas
As mensaxes dos teus formularios chegan clasificadas por tipo, como inscrición, prezo ou orzamento, e o correo lixo queda apartado.
Traducir e adaptar
Os teus textos en castelán, inglés ou outros idiomas, co teu ton e non co dunha máquina, e revisados por unha persoa antes de publicalos.
Asistentes
Asistentes que responden sobre o teu negocio ou os teus documentos, con límites claros do que poden dicir e do que non.
Voces sintéticas, con permiso
Locucións coa voz dunha persoa creada a partir das súas gravacións, só co seu permiso expreso e para os usos que ela aproba.
Informes automáticos
Os datos de cada mes convertidos nun informe claro, sen copiar e pegar entre programas.
Modelos en local
Cando os datos son sensibles, modelos que funcionan nun equipo propio (en local), sen enviar a información a empresas de fóra.
Para quen quere gañar tempo, non seguir unha moda.
Música e cultura
- Escolas que reciben moitas mensaxes e queren saber que piden e de onde veñen.
- Artistas que publican en varios idiomas e queren soar a eles mesmos en todos.
- Produtoras con catálogos que describir, etiquetar e traducir.
- Locucións e avances coa voz do seu dono, sempre co seu permiso.
Pemes e rural
- Empresas que redactan cada mes os mesmos informes con datos novos.
- Comercios que queren contestar antes e mellor aos seus clientes.
- Entidades con documentos sensibles que non poden saír da casa.
- Negocios que traballan a diario en galego e en castelán.
A IA prepara. Ti decides.
Un exemplo inventado: as mensaxes dun formulario ordenadas soas e un aviso traducido a tres idiomas, á espera do visto e prace dunha persoa.
Mensaxes do formulario Ordenadas pola IA
Tradución ES · GL · EN
Revisado por unha persoa
O que adoitan preguntarme sobre a IA.
-
Que pode facer a IA por un negocio pequeno?
Sobre todo, aforrarche traballo repetitivo: ordenar mensaxes, traducir textos, resumir documentos ou preparar informes. Non substitúe a ninguén: deixa o traballo preparado para que unha persoa decida antes e mellor.
-
É seguro usar a IA cos datos dos meus clientes?
Depende de onde se procesen os datos. Cando son sensibles, uso modelos que funcionan en local, nun equipo propio, para que a información non saia de alí. Se convén un servizo externo, envíaselle só o imprescindible e explícocho antes.
-
Pódese crear unha voz sintética a partir da voz dunha persoa?
Si, tecnicamente pódese, pero só o fago co permiso expreso da persoa dona desa voz e para os usos que ela aproba. Sen permiso, non hai voz.
-
Por onde comezo a aplicar a IA no meu negocio?
Pola tarefa que máis tempo che quita: mensaxes que ordenar, textos que traducir, informes que preparar. Comezamos por aí e ampliamos segundo o que funcione.
-
Canto custa aplicar IA no meu negocio?
Cada proxecto de IA orzaméntase á medida, comezando polo que máis tempo che aforra. Se queres levalo de forma continua, o paquete Dirección, desde 150 € ao mes sen IVE, inclúe contido asistido por IA con calendario e horas de melloras cada mes.
Dirección
O teu departamento dixital. Todo o de Presenza, e ademais ata unhas 5 horas ao mes de proxectos novos, contido asistido por IA con calendario, asesoría directa cando preparas un lanzamento e prioridade no soporte.
Falámolo?
Cóntame que che quita tempo. Se a IA pode axudarte, dígoche como; e se non, tamén cho digo.