Caso destacado · Música
El fai a música. De todo o demais encárgome eu.
Un produtor e enxeñeiro de mestura que traballa nos Estados Unidos. Desde 2022 levo todo o dixital da súa carreira: catro webs, unha tenda propia que xa vende, o seu manual de teoría en papel e en inglés, portadas de disco e vídeos.
O reto
O seu tempo é para o estudo, non para pelexar con plugins, servidores ou plataformas que se quedan cunha parte de cada venda. Necesitaba unha soa persoa que entendese o seu traballo e se ocupase de todo o demais, a nove horas de diferenza.
O que fixemos
- Catro webs: a súa persoal, a da súa banda, a da súa empresa e unha biblioteca de audio.
- Unha tenda e unha aula á medida, sen WordPress: pagamento con tarxeta, descargas con ligazóns que caducan e unha área para cada alumno. Os cursos en vídeo son o seguinte.
- O seu manual de teoría musical: maquetación, exemplos musicais e ilustracións, á venda na súa web, en papel en Amazon e traducido ao inglés.
- Deseño e vídeo: portadas de disco e vídeos para as súas mesturas en Dolby Atmos.
- Mantemento: a web da banda pasou de WordPress a unha web estática máis rápida e segura, e os dominios e o correo, a unha configuración limpa e ben documentada.
Tenda Hoxe
Manual de teoría · dixitalPagado
Partitura · arranxo para cordasPagado
Curso de mesturaProximamente
As súas webs
Persoal · tenda e aulaEn liña
A bandaEn liña
A empresaEn liña
Biblioteca de audioEn liña
Descarga enviada: a ligazón caduca en 48 horas.
Maqueta con datos de exemplo.
O resultado
4webs dun mesmo cliente, coidadas por unha soa persoa.
2022o ano en que empezamos. Desde entón, cada proxecto novo pasa por aquí.
258erros da tradución automática corrixidos a man nas ilustracións do libro antes de publicalo en inglés.
Xa vendeA tenda propia cobra e entrega soa desde xullo de 2026: a venda e os datos dos seus clientes son seus.
Queres a alguén que se ocupe de todo?
Se es músico, produtor ou creador e o dixital quítache tempo, cóntamo. Dígoche con franqueza que faría e que non.