Saltar ao contido
Axentes de IA

Axentes de IA á medida.

Un axente é un asistente de intelixencia artificial que fai un oficio dentro da túa empresa: escribe, revisa, busca ou pon orde. Traballa co ton, o idioma e as normas da casa.

Non che vendo este robot. Móntoche o teu, á medida da túa empresa.

Pedir orzamento WhatsApp 698 177 326

A oficina

Coñece os axentes.

Presento un cada vez. Os que aínda están tapados irán aparecendo.

2 de 10 presentados

  • Amergin

    Redactor

    Escribe o que a túa empresa ten que dicir: correos, WhatsApp, publicacións, artigos, textos da web e propostas. Co teu ton, o teu idioma e as túas normas. Se lle falta un dato, márcao; non o inventa.

    • Correos e respostas a clientes
    • Mensaxes de WhatsApp
    • Publicacións para as redes
    • Artigos e textos da web
    • Propostas

    Leva o nome dun poeta celta. Este escribe correos.

    Ver o vídeo

    Quero o meu ou por WhatsApp

  • Fintan

    Bibliotecario

    Le os libros, manuais e documentos da túa empresa e responde co que din, sempre coa referencia: título, capítulo e, se pode, páxina. Se algo non está, dío.

    • Buscar unha idea ou un dato nos teus documentos
    • Resumir un capítulo ou un manual
    • Dicir que documentos tratan un tema
    • Citas curtas coa súa fonte

    Leva o nome do sabio que o lembraba todo.

    Ver o vídeo

    Quero o meu ou por WhatsApp

  • Axente aínda sen presentar. Proximamente

  • Axente aínda sen presentar. Proximamente

  • Axente aínda sen presentar. Proximamente

  • Axente aínda sen presentar. Proximamente

  • Axente aínda sen presentar. Proximamente

  • Axente aínda sen presentar. Proximamente

  • Axente aínda sen presentar. Proximamente

  • Axente aínda sen presentar. Proximamente

Como traballan

Axudan. Non deciden por ti.

El prepárao. Ti apróbalo.

Deixan o traballo en borrador e ti dis a última palabra. Nada sae sen o teu si.

Se falta un dato, márcano.

Non se inventan un prezo, unha data nin un nome. Se non o teñen, déixano sinalado para que o completes ti.

Co teu ton e as túas normas.

Falan no teu idioma e coma ti: tratan de ti ou de vostede, seguen as túas regras e respectan o que non se fai na túa empresa.

Que tarefa che quita máis tempo?

Cóntama. Se un axente pode facela, explícoche como sería o teu; e se non, tamén cho digo.

Pedir orzamento Escríbeme por WhatsApp