Deseño de marca en Vigo: unha imaxe que se recoñece á primeira.
Logotipo, cores, letras e modelos para que o teu negocio se vexa igual na porta, na carta e en Instagram. Pensado para bares, cafetarías, comercios e pequenos negocios de Vigo.
Unha marca non é só un logotipo.
Logotipo, identidade corporativa e guía de marca: o que moitos chaman branding, feito á medida dun negocio pequeno.
Logotipo e versións
O principal e as súas variantes: horizontal, só símbolo, en branco e en negro. Que se lea ben nun rótulo grande e nun avatar pequeno.
Cores e tipografías
Unha paleta curta cos seus códigos e dous tipos de letra que combinan. Así todo o que fagas, ti ou unha imprenta, sae igual.
Guía de marca sinxela
Unhas poucas páxinas que explican que se pode e que non: espazos, tamaños mínimos, fondos e exemplos. Sen manuais de cen follas.
Aplicacións no local
Carta, cartelaría, rótulo, vasos, panos, tarxetas ou uniformes: o que o teu negocio use de verdade, preparado para imprimir.
Modelos para redes
Publicacións, historias e portadas para Instagram e Facebook coa mesma imaxe. Edítalos ti en minutos e todo se ve da mesma casa.
Arquivos para todo
SVG, PDF e PNG listos para a imprenta, a web e o móbil. Todo queda ao teu nome e é teu para sempre.
Imaxe de marca para bares, cafetarías, restaurantes e tendas
Unha marca que medra sen perder a cara.
Cando un negocio estrea unha liña nova, un servizo, unha tempada ou un segundo local, non fai falla comezar de cero. Tampouco convén cambialo todo dun golpe: confunde a quen xa te coñece.
- Submarcas que nacen da principal: o mesmo símbolo ou a mesma letra, outro ton.
- Variantes para unha liña ou un servizo novo, coa súa propia cor.
- Edicións de tempada que se recoñecen sen confundir.
- Un local novo con personalidade propia e o mesmo apelido.
Cada peza sae do mesmo sistema: paleta, tipografía, símbolo e modelos.
Primeiro escoito; despois debuxo.
Cuestionario
Un briefing sinxelo sobre o teu negocio, a túa clientela e como queres que te vexan. Énchelo con calma, sen reunións longas.
Propostas
Ensínoche dous ou tres camiños aplicados a casos reais do teu local: a porta, a carta, unha publicación.
Axustes
Escolles un e afinámolo xuntos: cores, letra, detalles. Ti decides en cada paso.
Entrega
Arquivos en SVG, PDF e PNG, guía de uso e modelos listos. E se queres, axúdoche a aplicala na web e nas redes.
Preguntas frecuentes sobre deseño de marca
-
Xa teño logotipo. Teño que tiralo?
Non. Moitas veces abonda con ordenalo: limpalo, fixar cores e letras e aplicalo igual en todas partes. Se o que tes funciona e a túa clientela o recoñece, mantémolo e facémolo medrar.
-
Que diferenza hai entre logotipo, identidade corporativa e branding?
O logotipo é o símbolo ou o nome debuxado. A identidade corporativa, ou identidade visual, é todo o sistema: logotipo, paleta de cores, tipografías e como se aplican. O branding vai un paso máis alá: o que a xente sente e conta do teu negocio. Eu traballo as dúas primeiras pensando na terceira.
-
Que leva unha guía ou manual de marca?
As versións do logotipo, as cores cos seus códigos, as tipografías, os tamaños mínimos e os espazos que hai que respectar, que fondos serven e exemplos de uso na carta, no rótulo ou nas redes. Nun negocio pequeno cabe en poucas páxinas.
-
Que é unha submarca?
É unha variante da túa marca para outra liña, outro servizo, unha tempada ou un local novo. Cambian o ton ou unha cor, pero nótase que é a mesma casa, así non perdes a clientela que xa tes.
-
Que arquivos me entregas?
O logotipo en SVG, PDF e PNG (en cor, en branco e en negro), a paleta cos seus códigos, as tipografías, unha guía de uso sinxela e os modelos para redes listos para editar. Todo é teu.
-
Podo usar un creador de logos gratis, como Canva?
Para saír do paso, si. O problema é que eses modelos úsaos moita xente, non che dan un sistema completo (cores, letras, versións) e ás veces nin arquivos bos para imprimir un rótulo. Se o teu local depende de que o recoñezan, paga a pena unha marca feita para ti.
-
Traballas só con bares e restaurantes?
Non. A hostalaría é onde máis se nota unha boa marca, pero fago deseño de marca para comercios, profesionais, escolas e pequenos negocios de Vigo e de toda Galicia.
-
Canto tarda?
Depende do que precises, pero unha marca para un local pequeno adoita estar nunhas semanas desde que me devolves o cuestionario. Antes de comezar douche datas pechadas.
-
Canto custa un logotipo?
Depende do que inclúa: non é o mesmo ordenar un logotipo que xa tes que crear unha identidade corporativa completa con guía, submarcas e modelos. Fágoche un orzamento á medida e por escrito despois de ler o cuestionario.
Unha marca luce cando se ve.
Dámoslle unha cara ao teu negocio?
Cóntame que fas e que queres transmitir. Pásoche o cuestionario e, coas túas respostas, dígoche por onde comezaría.