Saltar ao contido
Apps e software á medida · Vigo

A túa app á medida en Vigo, para o traballo de cada día.

O que hoxe fas con papeis, follas de cálculo e mensaxes soltas, nunha ferramenta feita para a túa forma de traballar. Desenvolvo apps e software á medida para empresas, comercios, escolas e comunidades de Vigo e a súa comarca, que se abren no móbil coma unha app, sen instalar nada.

Que fago

Que apps á medida desenvolvo para negocios de Vigo.

Fichaxe da xornada

Entrada e saída desde o móbil, como pide a lei, co rexistro listo para amosalo cando faga falta.

Reservas, pedidos e encargos

Paneis para bares, obradoiros e pequenas empresas que hoxe apuntan reservas e pedidos nunha libreta ou no WhatsApp.

Avisos por SMS

Mensaxes automáticas aos teus clientes, socios ou alumnos: unha cita, un pedido listo, un recordatorio. Curtas e no momento xusto.

Censos e rexistros

Socios, alumnos, gando, parcelas ou inventario: fichas ordenadas con fotos e datas, en vez de follas de cálculo soltas.

Mapas e capas SIX

Parcelas e montes no mapa. Importo capas de QGIS (Shapefile, KML ou GeoJSON) e consúltalas no móbil sobre o terreo.

Automatizacións con IA

Ordenar mensaxes, preparar informes ou traducir sen facelo a man. A IA útil, metida dentro da túa ferramenta.

Para quen

Para quen ten sentido unha app á medida.

Unha app á medida compensa cando unha tarefa se repite cada semana, a fan varias persoas e hoxe pérdese tempo ou información polo camiño. Se un programa dos que xa existen che serve tal cal, direicho.

  • Comercios e hostalaría de Vigo que queren reservas, pedidos ou avisos sen pagarlle comisións a unha plataforma.
  • Escolas e academias que xestionan alumnado, grupos e listas de espera nun só sitio.
  • Pequenas empresas con xente na rúa: fichaxe, partes de traballo e fotos desde o móbil.
  • Comunidades de montes, forestais e gandeiras que traballan con mapas de parcelas e censos no propio monte.
  • Asociacións e entidades que avisan os seus socios por SMS sen facelo a man.

Sinais de que a folla de cálculo quedou pequena.

  • Hai varias versións do mesmo arquivo e ninguén sabe cal manda.
  • Varias persoas escriben á vez e písanse os cambios, ou alguén borra unha fórmula sen querer.
  • O traballo faise fóra da oficina e apúntase en papel para pasalo despois ao ordenador.
  • Copias os mesmos datos en varios sitios: a folla, o programa de facturación e un correo ao cliente.
  • Hai datos persoais de traballadores ou clientes en arquivos que van e veñen por correo ou por WhatsApp.
  • Todo depende dunha persoa que sabe como funciona o arquivo. Se marcha de vacacións, párase.

Se recoñeces dous ou tres, paga a pena facer a conta. Pero antes mira se xa existe un programa bo: para contabilidade, facturación, nóminas ou unha tenda en liña hainos probados e a prezos razoables, e facer á medida o que xa existe ben feito é tirar os cartos.

Folla de cálculo, programa estándar ou app á medida.
Que compararFolla de cálculoPrograma estándarApp á medida
Custo de entradaCase nuloCota mensual por usuarioDesenvolvemento inicial
Adáptase a como traballasSi, pero con parchesTi adáptaste a elSi
Varias persoas á vez e desde o móbilRegularNormalmente siSi, e cada unha ve só o seu
Onde están os teus datosOnde caia o arquivoNos servidores do provedorNo servidor que ti decidas
Encaixa mellor enPoucos datos, unha ou dúas persoasTarefas comúns: facturas, nóminas, tendaProcesos propios que te diferencian
Prezos

Canto custa unha app á medida en Vigo.

Cada app é distinta, así que non hai tarifa pechada de entrada. Si hai referencias, e cada fase leva o seu prezo pechado antes de comezar.

Prezos sen IVE (21 %). Factura legal con NIF e IVE e pago por transferencia.
Que necesitasDesdeNota
Automatización sinxela400 €Unha tarefa repetitiva que deixa de facerse a man.
App de avisos por SMS720 €Para socios, alumnos ou clientes.
App á medida por fasesSegundo o proxectoPropóñoche o mínimo que resolve o problema e medramos por fases.
Aloxamento e coidado35 €/mesServidor propio, copias, actualizacións e vixilancia. Sen permanencia.
Método

Así construímos a túa app, por fases.

01

Escoitar

Cóntasme que fas e que che fai perder tempo. Se estás en Vigo ou preto, podemos vernos en persoa.

02

O mínimo

Propóñoche a primeira fase: o mínimo que resolve o problema, con prazo e prezo pechados.

03

Usar e axustar

O teu equipo úsaa de verdade e, co que vemos, decidimos xuntos a fase seguinte.

04

Coidar

A app vive nun servidor propio, con copias, actualizacións e vixilancia.

Preguntas frecuentes

O que adoitan preguntarme sobre apps á medida en Vigo.

  • Canto custa unha app á medida en Vigo?

    Depende do que teña que facer. Como referencia, unha automatización sinxela parte de 400 € e unha app de avisos por SMS para socios ou alumnos, de 720 €, sen IVE. Constrúese por fases, cada unha co seu prezo pechado antes de comezar. Unha vez en marcha, o aloxamento e o coidado van nun paquete desde 35 € ao mes sen IVE.

  • Que é unha app web e por que non unha app da tenda?

    Unha app web úsase desde o navegador do móbil ou do ordenador, sen instalar nada desde unha tenda de aplicacións. Pódese engadir á pantalla de inicio e vese como calquera outra app. É máis barata de facer e de manter, e cando mellora, mellora para todos á vez.

  • Onde se gardan os datos?

    En servidores propios que administro eu, non en plataformas de terceiros. Cada persoa entra co seu usuario e só ve o que lle toca, hai copias automáticas e a app cumpre o RGPD. Se recolle datos persoais, asino contigo o contrato de encargado do tratamento.

  • Como comezamos?

    Primeiro escóitote: que fas e que che fai perder tempo. Propóñoche o mínimo que resolve o problema e construímolo por fases, para que vexas resultados axiña e decidas en cada paso se seguimos.

  • Podo usar os meus mapas de QGIS na app?

    Si. A app importa capas en Shapefile, KML ou GeoJSON, os formatos que exportan QGIS e a maioría de programas de mapas, e móstraas sobre o mapa xunto cos teus propios datos.

  • Traballas só con empresas de Vigo?

    Non. Traballo desde Vigo con empresas, comunidades e entidades da cidade e da comarca, e en remoto con clientes de toda España e de fóra. Se estás preto, tamén podemos vernos en persoa para ver como traballades.

  • Cando non compensa unha app á medida?

    Cando xa hai un programa estándar que fai ben o que necesitas, como a contabilidade, a facturación ou as nóminas, ou cando o tempo que perdes cada semana custa menos que construíla e mantela. Nese caso dígocho e axúdoche a escoller o programa.

  • Que debo preguntar antes de encargar unha app?

    Tres cousas: onde van estar os meus datos, como os levo se un día cambio de provedor e cando foi a última vez que alguén restaurou unha copia. Pide tamén o custo de mantela por escrito, separado do prezo do desenvolvemento. Se algunha resposta é vaga, pide máis detalle.

Máis no blog: Axudas á dixitalización de pemes en Galicia (IG300C) · IA en local para empresas: que ordenador precisas

Todo o que fago en apps, tamén fóra de Vigo, está en Apps á medida. Se o que necesitas é unha web, mira o deseño web en Vigo.

Que tarefa che rouba máis tempo?

Cóntama. Moitas veces abonda cunha ferramenta pequena para quitala de enriba, e dígoche con franqueza se compensa. De luns a venres, de 9:00 a 18:00.

Pedir orzamento Chamar ao 698 177 326