Que te atopen en Google, no mapa e na IA.
Hoxe a xente xa non só busca en Google: tamén lle pregunta a ChatGPT, a Claude ou a Perplexity, e mira o mapa antes de saír da casa. Traballo para que nos tres sitios apareza o teu negocio.
Faro: o meu propio radar de SEO.
Levo moito tempo construíndo e afinando Faro, unha aplicación de análise SEO feita por min e para a miña forma de traballar. Hoxe é unha peza clave de unmedia: con ela vixío cada semana as webs que coido.
- Que busca a xente e en que posto saes.
- Quen che gaña e por que.
- Se ChatGPT, Claude ou Perplexity te nomean.
- Que páxinas non ve Google e que arranxar primeiro.
tunegocio.es
Cafetaría de exemplo · Vigo · semana 41
▲ 6 pts
Google, o mapa e a IA, traballados á vez.
SEO en IA
Contido que responde preguntas reais e datos claros do teu negocio, para que ChatGPT, Claude, Perplexity ou a IA de Google te nomeen.
SEO local
O teu Perfil de Empresa de Google coidado, recensións e unha web que di ben onde estás, para saír no mapa e en «preto de min».
Por que me gaña?
Compárote con quen sae por diante nas túas buscas e dígoche, punto por punto, que ten el que non teñas ti.
Vixilancia semanal
Cada semana reviso clics, posicións e páxinas que Google deixa de ver. Se algo se torce, decátome eu antes ca ti.
Contido que responde
Artigos e páxinas pensados a partir do que os teus clientes preguntan de verdade, en galego, en castelán ou en inglés.
Explicado claro
Nada de informes de cen páxinas: que pasou, que fixen e que toca agora, en linguaxe de persoa.
O que adoitan preguntarme sobre o SEO.
-
Que é o SEO en IA?
É traballar a túa web para que ChatGPT, Claude, Perplexity ou a IA de Google te nomeen cando alguén lles pregunta polo que fas. Conséguese con contido que responde preguntas reais, datos claros sobre o teu negocio e unha web que esas ferramentas poidan ler ben.
-
Que é o SEO local?
É aparecer cando alguén busca o que ofreces preto de onde está: en Google Maps, no bloque de negocios do buscador e en buscas como «preto de min». Inclúe o teu Perfil de Empresa de Google, as recensións e que a túa web diga con claridade onde estás e a que zona dás servizo.
-
Garántesme saír o primeiro?
Non. Ninguén pode garantilo con honestidade: a orde decídena Google e cada IA. O que si che garanto é traballo medido cada semana, explicado en linguaxe clara, e decisións baseadas en datos e non en corazonadas.
-
Canto tarda en notarse?
Os arranxos técnicos nótanse en semanas; posicionarte para buscas con competencia adoita levar meses. Antes de comezar dóuche un prazo realista para o teu caso, sen promesas infladas.
-
Canto custa?
O paquete Presenza, desde 75 € ao mes, inclúe SEO continuo e unha revisión trimestral de como apareces en ChatGPT, Claude, Perplexity e na IA de Google. Se precisas un empurrón inicial ou unha análise puntual, orzaméntocho á medida.
Máis no blog: Como aparecer en ChatGPT e nas respostas da IA · SEO local en Vigo: como aparecer en Google Maps
Presenza
A túa web funciona, atópase e móvese. Todo o de Coidado, e ademais SEO continuo, revisión trimestral de como apareces en ChatGPT, Claude, Perplexity e na IA de Google, 2 horas ao mes de melloras e informe trimestral en linguaxe humana.
Miramos onde saes hoxe?
Cóntame que fas e onde. Pásoo por Faro e dígoche onde estás e que faría primeiro.