Saltar ao contido
Mantemento web · Vigo e comarca

Mantemento web en Vigo, con alguén a quen chamar.

Encárgome de que a web do teu negocio funcione cada día: servidor, actualizacións, copias e vixilancia. Se algo falla, chégame un aviso ao momento, moitas veces antes de que ti o notes. E se tes unha dúbida, chámasme a min, en Vigo, non a unha centraliña.

Que inclúe

Que inclúe o mantemento web.

Servidor propio

A túa web nun servidor que administro eu, co certificado SSL (o cadeado do https), o dominio e o correo en regra. Ou, se prefires seguir onde estás, superviso o teu aloxamento.

Actualizacións de WordPress

Sistema, WordPress ou outro xestor de contidos e os seus complementos ao día, para pechar portas antes de que alguén tente usalas.

Copias diarias

Unha copia cada día, gardada 14 días nun almacenamento separado do servidor. Se algo se estraga, vólvese atrás.

Vixilancia externa

Un servizo de fóra comproba sen parar que a túa web responde; hoxe vixía 23 webs. Se unha cae, chega un aviso ao instante por Telegram.

Bloqueo de ataques

Quen tenta entrar probando contrasinais queda bloqueado de xeito automático, e cada bloqueo importante tamén avisa.

Formularios comprobados

Cada mañá envíase unha proba por cada formulario e compróbase de punta a punta que a mensaxe chega de verdade.

Prezos

Prezos do mantemento web en Vigo.

Sen permanencia: cancélase avisando cun mes. Sen letra pequena.

Prezos sen IVE (21 %). Factura legal con NIF e IVE.
PaqueteDesdeQue inclúe
Coidado35 €/mes
ou 350 €/ano
Servidor propio ou supervisión do teu aloxamento, actualizacións, copias diarias, vixilancia de caídas e de intrusións, dominio e certificado ao día, e media hora ao mes para cambios pequenos.
Presenza75 €/mesTodo o de Coidado, e ademais SEO continuo con Search Console, unha revisión cada tres meses de como apareces na IA, 2 horas ao mes de melloras e un informe trimestral en linguaxe clara.
Encargos soltos40 €/horaCambios puntuais nunha web que xa tes, sen cota mensual.
Por que importa

Que pasa cunha web que ninguén mantén.

Unha web non se estraga dun día para outro: vai quedando atrás. E case sempre se nota no peor momento.

  • Deixa de chegar o formulario e ninguén se entera ata que un cliente chama anoxado porque non lle contestaches.
  • Caduca o certificado ou o dominio e o navegador avisa as túas visitas de que a túa web «non é segura».
  • Un complemento sen actualizar ábrelle a porta a quen quere usar a túa web para mandar correo lixo ou agochar ligazóns.
  • Desaparece a copia xusto o día que a necesitas, porque nunca se comprobou que se estivese a facer.
  • Vai cada vez máis lenta e Google empúxaa cara abaixo fronte á competencia de Vigo.

Co mantemento, todo iso vixíoo eu. Dúas palabras marcan a diferenza entre un mantemento bo e un de papel: verificadas e desde fóra. Unha copia que nunca se probou a restaurar é unha esperanza, non unha copia; e unha web que se vixía a si mesma non avisa cando cae, porque o vixilante cae con ela.

Se xa tes alguén

Seis preguntas para quen coida hoxe a túa web.

Se xa che coida a web outra persoa, mellor. Fai estas preguntas: se as respostas son claras, estás en boas mans.

  • Onde están as miñas copias? Deberían estar fóra do servidor da web.
  • Cando foi a última restauración probada? «Nunca» é unha resposta sincera, pero preocupante.
  • Quen se entera se a web cae un domingo, e como? Un correo que ninguén le non conta.
  • De quen é o dominio? Debe estar ao teu nome, aínda que o xestione outra persoa.
  • Comprobades os formularios? Non abonda con que a páxina cargue: a mensaxe ten que chegar.
  • Que pasa se deixamos de traballar xuntos? Tes que poder levar a web, o dominio e o correo a outro sitio sen reféns.

Eu gardo as copias 14 días por unha razón: ás veces un erro non se descobre ata dez días despois, e unha copia só da noite anterior xa o traería dentro.

Como comezamos

Así pasamos a túa web ao meu coidado.

01

Revisar

Miro onde está a túa web, que versión usa, se hai copias e que quedou vello.

02

Propoñer

Dígoche por escrito que faría e con que paquete, sen compromiso.

03

Mudar sen cortes

Se cambiamos de servidor, copio webs e caixas de correo, comprobo que todo funciona e só entón cambio os DNS.

04

Vixiar

Desde ese día, copias, actualizacións e avisos. Ti esquéceste do servidor.

Preguntas frecuentes

O que adoitan preguntarme sobre o mantemento web en Vigo.

  • Canto custa o mantemento web en Vigo?

    O paquete Coidado custa desde 35 € ao mes sen IVE, ou 350 € ao ano (dous meses de balde), e inclúe servidor, actualizacións, copias diarias, vixilancia e seguridade, máis media hora ao mes para cambios pequenos. Con SEO continuo e revisión de como apareces na IA, o paquete Presenza comeza en 75 € ao mes sen IVE.

  • Hai permanencia?

    Non. Coidado e Presenza non teñen permanencia: cancélanse avisando cun mes de antelación.

  • Mantés webs que non fixeches ti, como un WordPress?

    Si. Primeiro reviso como está: versión, complementos, copias e aloxamento. Despois pásoa ao meu servidor ou supervísoa onde está, e póñoa ao día con coidado para non romper nada.

  • Que pasa se a miña web cae?

    Chégame un aviso ao instante por Telegram, porque un servizo externo comproba cada poucos minutos que a túa web responde. Miro que pasou e, se fai falta, recupero unha copia: faise unha cada día e gárdase 14 días nun almacenamento á parte.

  • Podo cambiar de provedor sen quedar sen web nin correo?

    Si. Preparo todo no servidor novo, copio webs e caixas de correo, comprobo que funcionan e só entón cambio os DNS. Ti segues traballando e non perdes correos.

  • E se só necesito un cambio puntual?

    Os encargos pequenos nunha web que xa tes van a 40 € a hora sen IVE, sen necesidade de contratar un paquete mensual.

  • Necesito mantemento se a miña web case non cambia?

    Si. Aínda que ti non toques nada, o servidor, o dominio, o certificado e os complementos si cambian, e os ataques automáticos non distinguen entre webs activas e tranquilas. Unha web estática, sen xestor de contidos, necesita menos mantemento, pero non cero.

  • Cada canto hai que actualizar unha web?

    As actualizacións de seguridade deberían aplicarse en canto saen, e o resto revisarse polo menos unha vez ao mes. O importante non é a frecuencia exacta, senón que alguén o faga con regularidade e comprobe despois que a web segue funcionando.

Máis no blog: WordPress ou web estática? · Textos legais obrigatorios dunha web · Dominio .gal: que é e canto custa

O servizo completo, tamén fóra de Vigo, está en Coidado da túa web. Se a túa web xa non ten arranxo e prefires comezar de cero, mira o deseño web en Vigo.

Miro como está a túa web?

Dime cal é e que che preocupa. Cóntoche como a vexo e como a coidaría, sen compromiso, e contéstoche eu. De luns a venres, de 9:00 a 18:00.

Escríbeme Chamar ao 698 177 326